Vigo - Fotografía de vehículos para a súa venda online

Data Inicio:  22/03/2018 19:00    
Data Fin:  22/03/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para  eliminar brillos. 
Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga  unha vez publicada.

Índice de contidos

Preparar o vehículo para a sesión fotográfica.
Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional.
A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque?
O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo?
Os mellores momentos do día e por que.
Que é o raw , e por que é necesario.
Retoque dixital  – Horquillado e HDR para mellorar a exposición
Preparación de la foto para subila a internet.
Práctica.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse