Pontevedra - Márketing gastronómico, que é e como pode axudarche no teu negocio

Data Inicio:  21/03/2018 19:00    
Data Fin:  21/03/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este é un termo que nos acompaña desde hai uns anos, pero, ¿en que consiste verdadeiramente o Márketing Gastronómico?
Son todas aquelas ferramentas de márketing adaptadas a un sector complexo e en constante cambio como é a hostalería. Aprenderemos cales son esas ferramentas e veremos como axustalas á nosa realidade.

Índice de contidos

. Que é o Márketing Gastronómico
. Método para levar adiante un plan de márketing
. Comunicación: non só hai que ser bo, tamén parecelo

Este taller será impartido por Elena Vitoria, CEO da empresa Cartablanca Consultoría Gastronómica que desenvolve a súa actividade no asesoramento, formación e reciclaxe de modelos de negocio de hostalería e gastronomía e creación de novos produtos gastronómicos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse