Cambados - A dixitalización do sector turístico

Data Inicio:  22/03/2018 19:00    
Data Fin:  22/03/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Trataremos a revolución do turismo a través das tecnoloxías móbiles, desde cómo se foron incorporando estas tecnoloxías á columna vertebral do sector ata como se foron implantando estas solucións no público xeral que consome produtos e destinos turísticos. Competir con produtos globais como Airbnb, Uber e un longo etcétera só é posible coñecendo profundamente o local, explotando ese coñecemento e dixitalizándoo para incorporarse como peixes nun océano a ese mar dixital. Coñecer estas claves é o obxecto desta charla de traballo.

Casos prácticos:

Vigoexperience (Guía de Vigo).
Metrominuto Pontevedra (Promovendo a mobilidade).
Calixtina e Camiña ( iBeacons e internet das cousas aplicados ás guías multimedia)
App Terras de Pontevedra (Arte Rupestre en Pontevedra). 

Esta charla será impartida por Chiu Longina, antropólogo especializado en tecnoloxía e fundador do estudo Pumpún Dixital, un laboratorio de software e hardware pioneiro en proxectos en contornas de Computer vision, Mapped vídeo projection, síntese sonora, comunicación [ OSC] ou Realidade Aumentada. Membro fundador de portais como Mediateletipos.net, Artesonoro. org, Sinsalaudio, Alg-a. org ou Escoitar. org. 

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse