O Porriño - Woocommerce I - A solución para vender por internet

Data Inicio:  15/02/2018 19:00    
Data Fin:  15/02/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente.
Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller.

Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade.	

Índice de contidos

• Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce
• Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro
• Instalación de Woocommerce
• Elixir o tema adecuado para a tua web
• Métodos de pago e métodos de entrega
• Engadir categorías e productos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse