Pontevedra - Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial

Data Inicio:  07/11/2017 19:00    
Data Fin:  07/11/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Índice de contidos

• Introdución: mercadotecnia dixital
• Mercadotecnia sectorial
• Mercadotecnia viral
• E-mail marketing
• Publicidade

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse