Evento
Ponteareas - Todo o que necesitas saber sobre Google Apps for Business
Data Inicio: | 17/07/2018 18:00 | ||
Data Fin: | 17/07/2018 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro explicaranse todas as posibilidades que ofrece G Suite, as ferramentas de Google que permiten aforrar tempo e traballar de maneira máis eficiente. Falarase das diferentes aplicacións e das solucións a medidas adaptadas a cada tipo de empresa. Índice de contidos: 1. Que é Google? Como funciona? 2. Que é a nube? 3. Procuras en Google – Comandos 4. Google Suite - versións 5. Produtos e utilidades 6. Taller práctico O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse