Evento
A Estrada - Google Analytics: Iniciación á analítica WEB
Data Inicio: | 18/07/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 18/07/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Índice de contidos: • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse