Evento
Ponteareas - Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook
Data Inicio: | 26/06/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 26/06/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles. Índice de contidos • Importancia dunha imaxe de marca en internet • Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións) • Introdución ás redes sociais. • Técnicas especializadas para aumentar seguidores • Imaxe e reputación en internet • Ferramentas do día a día • Publicidade en redes sociais O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse