Evento
Pontevedra - Excel avanzado I: Uso de fórmulas en follas de cálculo
Data Inicio: | 29/05/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 29/05/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia. Índice de contidos 1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade 2.- As referencias a celas e a rangos 3.- Funcións matemáticas simples 4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo 5.- Funcións matemáticas condicionais 6.- Funcións de procura e de referencia |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse