Evento
Lalín - Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos
Data Inicio: | 13/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 13/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: marca persoal • Crea a túa sinatura profesional • Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico • Configura Gmail para respostas estándar • Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados • Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse