Evento
Lalín - Ven a descubrir que son e para que serven as redes sociais
Data Inicio: | 21/09/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 21/09/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí. Índice de contidos • As redes sociais • Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin. • Creando o seu propio blog • Traballando con RRSS O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse