Eventos

Buscador

    a
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.

Índice de contidos

- Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
- Fotografía básica
- Facer un estudio fotográfico de baixo custo
- Escoller o mellor fondo
- Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
- Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
- Resolución de dúbidas ou inquietudes

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados.


Índice de contidos

• Que é o comercio electrónico?
• Vantaxes da venda en liña
• Elementos básicos da nosa tenda
• Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda:
• Personalizando a nosa tenda
• O catálogo de produtos
• Rexistro e área de usuario
• Carriño da compra

O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC nas empresas.