Eventos

Buscador

    a
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos.

Índice de contidos

•  Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia
•  Youtube
•  Periscope
•  Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc.
•  Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.