Eventos

Buscador

    a
"O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea.

Índice de contidos
•   A clave esta en comunicar
•   É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas?
•   Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone?
•   Antes de disparar ha de saberse mirar.
•   A regra dos terzos
•   Que se precisa para gravar un vídeo?
•   Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos
•   Conclusións

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
"Neste obradoiro trataremos de iniciar tanto a autónomos, como pequenos empresarios e a emprendedores nas claves para manter sempre protexidos os seus datos persoais e profesionais nos seus smartphones. 
Consellos xerais e tamén específicos para os diferentes sistemas operativos para smartphone: Android e iOS.

Índice de contidos
•  Introdución ao concepto de seguridade
•  Cal é o Sistema Operativo máis seguro Android ou iOS?
•  Consellos de sentido común para manter seguro •  teu smartphone 
•  Aplicacións de seguridade en Android
• Aplicacións de seguridade en iOS

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."