Eventos
Eventos
Buscador
05/04/2018 17:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: mercadotecnia dixital • Mercadotecnia sectorial • Mercadotecnia viral • E-mail marketing • Publicidade O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
05/04/2018 19:00
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Índice de contidos • A miña conta de correo de Gmail • Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestiono os meus emails de empresa • Configuro as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en IOS e Android O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC.
05/04/2018 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
05/04/2018 19:00
Nesta sesión informativa daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos • Introdución a Whatsapp • Whatsapp vs. Whatsapp Business • Novas funcionalidades • Whatsapp Márketing O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
05/04/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: marca persoal • Crea a túa sinatura profesional • Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico • Configura Gmail para respostas estándar • Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados • Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento