Eventos

Buscador

    a
Este taller correspóndese coa segunda parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. 

Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. 

Índide de contidos

- O  LED Como funciona?Que tipo de dispositivo é?
- O  LDR Como funciona?Que tipo de dispositivo é?
- A Variables (Tipos e Declaracións)
- Os Condicionais (Se, Entón, etc...)
- Proxectos

O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D,  formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional. 

Analizaremos algunhas medidas para facilitar ao cliente final de turismo interior/rural/natureza o proceso de información e compra dun servizo no teu establecemento desde a túa web e/ou con plataformas de venda online, incrementando así o teu potencial de promoción, distribución e venda.

Índice de contidos

• Internet e posicionamento web
• Plan de social media.
• Plataformas de comercialización on- line. 

O obradoiro será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o  teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque.

Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para  iOs e  Android:   SnapSeed e  Polarr  Photo Editor. 

É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro.

Índice de contidos

• Introdución:  débese retocar?
• Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar.
• Práctica: Fotografar un bodegón co móbil.
•  SnapSeed : Ver o histograma e entendelo.
• Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..)
• Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar )
• Corrección de imperfeccións coa ferramenta  tirita.
• Edición puntual , o segredo dun bo retoque.
• Gardar arquivo  editable e arquivo final.
•  Polarr  Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia.

Índice de contidos
1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade
2.- As referencias a celas e a rangos
3.- Funcións matemáticas simples
4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo
5.- Funcións matemáticas condicionais
6.- Funcións de procura e de referencia

O obradoiro será impartido por  Enrique Vara, Licenciado en Economía e Máster en Administración e Dirección de Empresas, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en  KPMG. A súa experiencia no uso de follas de cálculo céntrase no ámbito da análise de datos e a análise financeira"