Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. 

Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida.

Índice de contidos

• Introdución
• Crea a campaña
• Grupos de anuncios
• Palabras clave
• Crea os anuncios
• Deseña a páxina web de destino
• Establece o orzamento
• A poxa 
• Realiza un seguimento das conversións
• Interpreta os datos
• Optimiza as campañas

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
A transformación dixital das Pemes é un elemento necesario e con múltiples beneficios. Con todo, existen certas barreiras iniciais que nos impiden avanzar, aínda sabendo que o necesitamos. 

Analizaremos estas cuestións a través do caso real dunha empresa especializada en economía circular e o consumo responsable no sector da gastronomía e o turismo.

Índice de contidos

 • Por que da incorporación da tenda online á tenda física? 
• Pasos a seguir para a transformación e integración da tenda online
• Servizos ofertados: turismo e gastronomía (consumo local, cociña saudable…) 
• Vantaxes e desvantaxes 
• Economía colaborativa 

Este obradoiro será impartido por Yolanda Valcárcel, empresaria e emprendedora de diferentes servizos turísticos e gastronómicos. Profesional do turismo e responsable de proxectos europeos en economía circular e produción sustentable. 

Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí.

Índice de contidos

• As redes sociais
• Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin.
• Creando o seu propio blog
• Traballando con RRSS

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC.
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

• Introdución
• Aspectos a ter en conta nunha tenda online
• Prestashop: concepto e proceso de intalación
• Instalación dunha plantilla
• Personalización dunha plantilla
• Recursos web

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.