Eventos

Buscador

    a
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Índice de contidos

• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro impartirase no Viveiro de Empresas da Estrada

O obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes.

Índice de contidos

• Que é unha factura electrónica?
• Normativa da factura electrónica.
• Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada.
• Obrigacións do emisor dunha factura electrónica.
• Obrigacións do receptor dunha factura electrónica.
• Vantaxes da facturación electrónica.
• Que formato débese usar para a factura electrónica?
• Xerando unha factura electrónica.
• Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica.

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC 
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. 

Índice de contidos

• Factores para mellorar a túa presenza en internet 
• Introdución en redes sociais 
• SMP-Social Media Plan en redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais 
• Recomendacións de actuación
• Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.