Eventos

Buscador

    a
Este taller ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes.

Índice de contidos

• Que é unha factura electrónica?
• Normativa da factura electrónica.
• Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada.
• Obrigacións do emisor dunha factura electrónica.
• Obrigacións do receptor dunha factura electrónica.
• Vantaxes da facturación electrónica.
• Que formato débese usar para a factura electrónica?
• Xerando unha factura electrónica.
• Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica.

O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.