Eventos
Eventos
Buscador
05/03/2018 19:00
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. Índice de contidos • A nube: concepto e analoxías • Por que almacenar na nube? • Vantaxes e desvantaxes • Dropbox • Vinculación de conta • Google Drive • OneDrive • Box O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
05/03/2018 19:00
¿Como conectar co novo consumidor? Falaremos sobre como atraer aos consumidores dixitais, márketing experiencial e como é o proceso de transformación dixital dunha adega. Índice de contidos o Perfil do consumidor digxital o Consumidor de enoturismo o Canais de comunicación aplicados ao enoturismo o Markéting experiencial: sensacións e emocións O obradoiro será impartido por Cristina Costa Acha, con máis de 15 anos de experiencia en estratexias online/ offline. Membro da asociación española de márketing ( AEDEMO) e de IPF ( International Press Federation). Media Press & Photo para un portal de turismo de Venezia durante a Mostra Internacional D’Arte Cinematográfica a Biennale dei Venezia Actualmente Directora de Márketing de Adegas Marqués de Vizhoja.
05/03/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
05/03/2018 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Índice de contidos • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento