Eventos
Eventos
Buscador
17/01/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
17/01/2018 19:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: mercadotecnia dixital • Mercadotecnia sectorial • Mercadotecnia viral • E-mail marketing • Publicidade O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento